Axuda Bono Autónomo das persoas traballadoras autónomas

Publicada axuda Bono Autónomo das persoas traballadoras autónomas:
Beneficiarios:
-Autónomos con domicilio fiscal en Galicia
-Levar 42 meses de alta no RETA
-Facturación mínima 12.000€ no exercicio 2024
-Rendemento neto inferior a 50.000€ no exercicio 2024
-Non ter solicitada esta subvención nos últimos 5 anos (2021 a 2025)
Gastos subvencionables:
• Compra de maquinaria: conxunto de máquinas ou bens de equipamento mediante as cales se realiza a extracción ou elaboración dos produtos.
• Compra e/ou instalacións para a mellora da eficiencia enerxética: toda aquela compra de produtos e instalacións que reduzan o consumo enerxético, o que vai desde o cambio de sistemas de iluminación a cambios de maquinaria ou instalacións.
• Investimentos para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos: entendendo por tal o cambio de máquinas e instalacións de enerxías fósiles a enerxías limpas.
• Compra de utensilios e ferramentas: conxunto de utensilios ou ferramentas que se poden utilizar autonomamente ou conxuntamente coa maquinaria, incluídos os moldes.
• Reforma do local do negocio: refírense a obras de sinxela técnica e escasa entidade construtiva e económica. Consisten en pequenas obras de mellora e reparación, decoración, ou ornato, que non modifican a estrutura construtiva. Exclúense as reformas integrais do local. Enténdese por local do negocio o centro de traballo declarado nos anexos, ou cuxa actividade sexa o comercio retallista fóra de establecementos comerciais permanentes, e outras actividades vencelladas a feiras e verbenas. Exclúese o domicilio habitual da persoa traballadora autónoma.
• Equipamento informático: considérase equipamento informático para os efectos desta orde as tabletas ou similares, ordenadores persoais de sobremesa, ordenadores portátiles, equipamentos de rede, escáneres e outros similares.
• Equipamento de oficina e/ou negocio: considerarase equipamento de oficina todo aquel elemento susceptible de ser usado nun contorno de traballo, tales como impresoras, destrutoras de papel e outros similares, e por equipamento do negocio o conxunto de mobles que de maneira indubitada sirvan para a actividade normal da empresa como mesas, cadeiras, andeis, mostradores e vitrinas. Exclúese calquera equipamento destinado como domicilio habitual da persoa traballadora autónoma.
• Rótulos para negocios: carteis físicos identificativos dos negocios e da súa localización, ou cuxa actividade sexa o comercio retallista fóra de establecementos comerciais permanentes, e outras actividades vencelladas a feiras e verbenas.
• Aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais: Importe satisfeito pola propiedade ou polo dereito ao uso de programas informáticos. Tamén inclúe os gastos de creación e desenvolvemento das páxinas web que a empresa adquira, sempre que a súa utilización estea prevista durante varios exercicios, a creación e desenvolvemento de apps, así como os gastos de creación e mantemento, e coa condición da previsión de utilización ao longo de varios exercicios, así como o apoio á creación, desenvolvemento e deseño de redes sociais.
• Deseño de marca: creación de símbolo formado por imaxes ou letras/caracteres que serve para identificar un negocio e todo o relacionado con el.
Contía da axuda: 60% máximo 7.000€
Documentación necesaria para solicitar: factura e xustificante bancario de pago dende 01/10/25 a data de solicitude da axuda
Prazo de presentación: 11/02/2025 ás 9:00h